CRTVG

Buscar

Especiais

Derradeira entrevista a Isaac Díaz Pardo

22/08/2020 15:30 h

Entrevista inédita e en exclusiva concedida polo intelectual galeguista á TVG dous meses antes do seu pasamento.

Este gran visionario compostelán, que foi artista versátil, mecenas e empresario, comeza o percorrido pola súa vida cando perde a seu pai con 16 anos. Prosegue o relato cos seus estudos de Belas Artes e o seu inicio na cerámica, cando nace Cerámicas do Castro. Nesta ollada ao pasado, Díaz Pardo fala de compromiso e da súa idea de conciencia social e artística galega, do que considera os seus fracasos e do seu amor compartido por Galicia con persoeiros do exilio arxentino, como o seu admirado Luís Seoane, Castelao ou Manuel Colmeiro.