CRTVG

Buscar

Especiais

Costeira galega

20/12/1985

Ficha técnica:

  • Dirección: Xesús Ferreiro
  • Presentación: Queca Merino
  • Produción: TVG
  • Realización: Pedro Amalio López
  • Sinopse: Costeira Galega é un programa dirixido á xente do mar que se emitía os venres ás 8 da tarde. A hora que dura o programa repártese entre unha reportaxe sobre costumes mariñeiros nos diferentes lugares da costa galega, un resumo das noticias sobre o mundo do mar xurdidas durante a semana e un informe con datos dalgún aspecto do sector para analizar no debate do programa. O debate sempre conta con tres convidados que teñen criterios dispares respecto do tema do día. En xuño de 1986 este programa pasa a chamarse O Mar e a ter unha duración de 30 minutos. Segue a ser presentado por Queca Merino e a estrutura do programa é practicamente a mesma, pero máis reducida e suprímese o debate.