CRTVG

Buscar

Especiais

Colombo

29/04/2000

Ficha técnica

  • Produción: Universal Production (EUA, 1971).
  • Reparto: Peter Falk (Tenente Colombo), Gene Barry (Dr. Ray Fleming), Katherine Justice, William Windom, Nina Foch
  • Sinopse: Colombo é unha das series policiais de maior culto entre os espectadores de todo o mundo. Colombo é un detective de homicidios do departamento de policía dos Ánxeles. É un personaxe moi particular: aparentemente despistado, pero eficaz, coa voz ronca, unha vella gabardina e un Peugeot 403. Está arruinado e ás veces vai acompañado do seu can. Nos seus beizos sempre leva un cigarro; o seu prato favorito é o chile con carne e está a falar constantemente de súa muller, que o sabe todo pero que tan só aparece en seis episodios. A serie ten como peculiaridade que ao principio de cada capítulo xa se sabe quen é o asasino, xa que comeza co relato dos acontecementos que rodean o crime. Sábese tamén que o tenente descubrirá o criminal, grazas a un pequeno detalle... Unha vez que sospeita de alguén, o tenente non o deixará un segundo. Ademais, Colombo, sabe á perfección facerse pasar por parvo para enganar o sospeitoso. O -despistado- tenente nunca leva pistola, e os crimes desenvólvense sempre no ámbito da alta sociedade, dando lugar a escenarios de grande encanto.
  • Curiosidades:Steven Spielberg e Jonathan Demme realizaron varios episodios durante os primeiros anos. Actores moi coñecidos eran os protagonistas dos asasinos. Peter Falk gañou 4 premios Emmy ao mellor actor polo seu papel de tenente Colombo.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí