CRTVG

Buscar

Especiais

Coidado co anxo

28/04/2000

Ficha técnica

  • Produción: Televisa Inter. (México)
  • Reparto: Maite Perroni (Marichuy), William Levy (Juan Miguel), Abraham Ramos (Adrián), África Zavala (Elsa), Ana Isabel (Beatriz), Ana Patricia Rojo (Estefanía), Arturo Carmona (Amador), Beatriz Aguirre (Mariana), Beatriz Aguirre (Mariana), Beatriz Monroy (Casilda), Evita Muñoz !"Chachita!" (Candelaria), Cynthia Klitbo (Blanca E Ivett), Leizabeth Dupeyrón (Luisa), Helena Rojo (Cecilia), Jesús More (Vicente), Jorge De Silva (Eduardo), Laura Zapata (Onelia), Mauricio Mejía (Israel), Miguel Córcega (Anselmo), Nailea Norvind (Viviana), Óscar Traven (Francisco), Rebeca Manríquez (Olga), René Strickler (Leopardo), Ricardo Blume (Patricio), Rocío Banquells (Isabela), Rodrigo Mejía (Nelson), Sara Montes (Balbina), Saraí (Mayita), Sherlyn (Rocío).
  • Sinopse: Coidado co Anxo é unha produción mexicana de Televisa internacional dirixida por Víctor M. Foulloux e Víctor Rodríguez baseada na novela homónima da escritora Delia Fiallo. A trama reflicte a historia de Marichuy (Maite Perroni) que foi entregada a un orfanato porque súa nai estaba tan enferma que cría que ía morrer. Aos 14 anos, a rapaza foxe da institución e gaña a vida como pode. Pasan os anos e un día é atacada por un borracho que a deixa marcada para sempre, sufrindo pesadelos que a atormentan. Candelaria, unha lavandeira, dálle acubillo e convértese nunha nai para ela. Un día, a moza métese nunha lea e acaba sendo xulgada por seu propio pai, ambos os dous sen a menor sospeita, e defendida por Juan Miguel San Román, un psicanalista. Para evitar o cárcere, Juan Miguel faise cargo dela, pero queda viúvo e súa sogra faille a vida imposible á rapaza. Ante esta situación, o psicanalista leva a Marichuy a vivir á casa do xuíz Patricio Velarde e a súa muller Cecilia (os verdadeiros pais de Marichuy), que á súa vez recibiron a Estefanía, unha moza astuta que pretende facerse pasar pola filla abandonada. A dozura e a beleza de Marichuy fainos lembrar a un anxo e hai quen pensa que pode destruíla facilmente, esquecendo que un anxo derrota a un demo, polo que... Coidado co Anxo!
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí