CRTVG

Buscar

Especiais

Cifras e letras

24/04/2000

Ficha técnica

  • Dirección: Paco Lodeiro e Xosé María Quijano
  • Presentación: Paco Lodeiro, Iolanda Castaño, Xurxo Mira
  • Produción: TVG con Centroña P.A. e CTV
  • Realización: Chema Fernández
  • Sinopse: Cifras e letras é un espazo que enche de emoción e interese as sobremesas diarias da audiencia galega. O concurso serve para axilizar a mente e permite competir amigablemente desde a casa, onde se xoga instintivamente. O escenario do concurso é moi sinxelo: un atril frontal co presentador, a un lado dous concursantes -quen gaña repite ao día seguinte- e fronte a eles os expertos que verifican os resultados das probas. Os colaboradores do programa nesta situación son Xurxo Mira, no papel de sabio dos números, e Yolanda Castaño no de sabia das letras. Xurxo Mira é profesor de Física na USC e conseguiu prestixiosos premios á divulgación científica. Yolanda Castaño, ademais de poetisa, é licenciada en Filoloxía Hispánica e fixo varios programas en medios audiovisuais.
  • Premio ao mellor comunicador de TV para Paco Lodeiro por "Cifras e letras", nos Premios Mestre Mateo 2006.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí