CRTVG

Buscar

Especiais

Ciencianosa

23/04/2000

Ficha técnica

  • Dirección: Xosé Durán
  • Presentación: Xosé Durán
  • Produción: TVG
  • Realización: Paulino García
  • Sinopse: A partir de preguntas básicas como cantos anos podemos vivir, como vai ser Galicia co cambio climático, por que voan os avións, en que se fixan as mulleres nos homes, que destacan os homes das mulleres... o programa Ciencianosa busca respostas coa axuda de expertos científicos de Galicia. No desenvolvemento dos contidos participan María Solar na redacción e Xurxo Mira no asesoramento científico. O programa estrutúrase en cinco seccións: dúas que se basean en reportaxes científicas da ciencia galega (novas tecnoloxías, medio natural, saúde, etc.), outra que recolle curiosidades científicas, unha terceira que consiste na realización dun experimento ou unha pregunta básica de ciencia e unha última sección que recolle o labor dun investigador establecido en Galicia. Gravado en decorado virtual, cada programa combina os efectos gráficos e os multimedia, procura a divulgación social e o servizo público e constitúe unha aposta nova e de futuro nas televisións xeralistas
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí