CRTVG

Buscar

Especiais

Celso Emilio: A Música. Cap. 3 (2004)

09/03/2012

Celso Emilio Ferreiro é unha serie documental de tres capítulos sobre a vida, a obra e a música do escritor ourensán, dirixida polo xornalista de TVG Xosé Durán.

O capítulo tres  fai un percorrido polos poemas do escritor de Celanova como textos esenciais, como manancial en que beberon todos os cantautores, toda a canción protesta en Galicia, pero tamén de grupos actuais como Milladoiro ou  Carlos Núñez.

O documental está  realizado con imaxes de cine e documentos sonoros de Celso Emilio, cos seus poemas, con concertos dos cantautores galegos, amais de fotografías persoais, e imaxes dos seus libros e artigos. No documental tamén participan os cantautores, Bibiano, Luís Emilio Batallán  e Suso Vaamonde.

O capítulo tres desta serie documental foi emitida por Televisión de Galicia en novembro de 2004.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí