CRTVG

Buscar

Especiais

Cazatesouros

16/04/2000

Ficha técnica

  • Produción: FIREWORKS / GAUMONT TV. (Francia/ Canadá, 1999)
  • Reparto: Tia Carrere, Christien Anholt, Lindy Booth, Tanja Reichert. Juan Carlos Velis, Louis Mandylor, Elias Zarou, Simon MacCorkindale, Carlo Rota, Jean-Marc Bellu. 
  • Sinopse: A protagonista de Cazatesouros é Sydney Fox , unha profesora de historia pouco convencional que vive múltiples aventuras e arrisca a súa propia vida para atopar as reliquias máis fabulosas da Antigüidade. Os seus vastos coñecementos sobre as civilizacións antigas, combínanse cun amplo dominio de artes marciais e unha sensualidade a proba de malfeitores. Esta peculiar profesora de universidade, está disposta a viaxar por todo o mundo e vivir as aventuras máis interesantes por salvar as reliquias máis valiosas da humanidade. Pero a profesora Fox non está soa. Acompáñaa o seu fiel axudante, Nigel Baley, un estudante de historia un tanto tímido e namoradeiro, e cun sexto sentido para meterse en leas. Na retagarda, desde o despacho da universidade, atópase a simpática Claudia, a secretaria encargada das tarefas de documentación de cada nova aventura. 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí