-
"Miña nai dos dous mares"
Programa especial gravado con motivo do Día de Galicia, baseado no disco de Juan Pardo en 1976, inspirado na lectura da obra de Ramón Cabanillas, con poemas musicados de Cabanillas e Eduardo Pondal, xunto a cancións de Juan Pardo. As cancións son presentadas por Juan Pardo desde a súa casa de Remesar, na Estrada, e por Carlos Casares, Ramón Piñeiro e Alfredo Conde.
-
Na Gala de verán de Sanxenxo 2002
Juan Pardo participa na Gala de verán de Sanxenxo, compartindo escenario con outros artistas como Malú, Fía na roca, Guaraná, Tamara, Superpiñeiro, Raúl, Los Cucas, Na Lúa ou Pedro Rilo.
-
En De Os Tamara a Os Resentidos
Juan Pardo interpreta A Charanga, un clásico da súa carreira musical, no programa que dirixiu Xosé Antonio Perozo facendo un percorrido moi rápido pola historia da música galega.
-
No Xacobeo 99 desde Ferrol
Juan Pardo exerce de ferrolán na presentación, con Paula Vázquez, do concerto do Xacobeo 99 Todos con Santiago. Ademáis de Juan Pardo, actúan Jarabe de Palo, Patricia Soler, Camela, Navajita Plateá, Pecos, Cristina, Cómplices, Edu...
-
No Luar número 100
Juan Pardo participou no Luar número 100. Foi nunha noite de homenaxe á música galega coa Orquestra Valdeorras, Miro Casabella, A Roda, Emilio Cao, Goma 2, Xil Ríos, Diosiño María Ostiz, ou Bernardo Xosé.
-
No Especial 24 de xullo de 1998
Juan Pardo foi a estrela do programa Especial 24 de xullo de 1998, no que se emitiron en directo os fogos do Apóstolo e a queima da fachada da catedral de Santiago de Compostela. No programa interpretou algunhas das súas cancións máis pupulares.
-
Juan Pardo deixa os escenarios
Juan Pardo anunciou que deixaba os escenarios nun programa de televisión para o que el foi unha referencia, o Luar. Era o 13 de abril do 2004. Di aquí que non quere retirarse cando sexa un vello que non poida máis e que quere facer outras cousas.
-
Galicia Terra Única. O son do Renacemento
Musical previo ao Día de Galicia, con Juan Pardo, Amancio Prada, Rocío Jurado, Xosé Manuel Budiño, María Manuela, Paloma San Basilio, Berrogüeto, Ana Kiro, El Consorcio, Trazantes de Tenorio, Xeque Mate e Cantareiras de Castro Floxo e Trullada.
-
Adiviña quen vive aquí
Unha viaxe sentimental e divertida para pisar o mesmo terreo que algúns mitos musicais galegos, como Pucho Boedo, Juan Pardo, Julio Iglesias, Ana Kiro, Andrés Dobarro ou Luz Casal.
-
Anduriña 1968. Juan Pardo
Anduriña foi un éxito cando Juan e Junior a cantaron en 1968. Juan Pardo gravouna varias veces só e coas súas fillas e acabóu converténdose nun clásico.
-
A charanga. Juan Pardo
Juan Pardo gravou A charanga en galego e en castelán simultáneamente e foi un gran éxito, número 1 de supervendas no ano 1969.
-
Galicia Terra Única. O son das Américas
Juan Pardo foi a estrela central de varios dos musicais incluídos dentro da serie que baixo o nome Galicia Terra Única organizou a Consellería de Cultura en 1997. En Vigo celebrouse o concerto O son das Américas, que el presentou con Paloma San Basilio.
-
Especial Noiteboa 2000, con Juan Pardo
Beatriz Manjón e Xose Manuel Piñeiro son os presentadores do programa especial da Noiteboa do ano 2000. O convidado especial deste programa é o cantante Juan Pardo.
-
Boa Noite, Noiteboa: Especial Noiteboa 1998, con Juan Pardo
Juan Pardo foi o protagonista do programa de Nadal de TVG de 1998. Presentouno e interpretou varias cancións, nun especial Noiteboa no que actuaron artistas de renome.
-
"Bravo pola Música": Especial Juan Pardo, 2011
"Bravo pola Música" é un programa especial dedicado ao cantante Juan Pardo que se emitiu o 28 de deecembro de 2011. O programa foi presentado por Iria Soengas e Ricardo Pardo, coa colaboración especial de Lys e Teba, as fillas de Juan Pardo.