-
A Fundación Granell no centenario do artista en "Eirado", (2012)
"Eirado" amósanos á Fundación Granell, que ten como
propósito o estudo da obra do pintor, do surrealismo e das correntes
afíns. -
A profesora Carmen Blanco analiza a figura de Granell en "Eirado" (2012)
Lembramos a figura de Eugenio Granell, polo centenario do seu nacemento, da man da escritora e profesora de literatura da Universidade de Santiago Carmen Blanco, especialista na poesía e na plástica de Granell.
-
Reportaxe sobre o centenario de Eugenio Granell
Recuperamos a figura de Granell e contamos os actos de homenaxe previstos este ano, cando se cumpre o centenario do nacemento do artista.
-
Eugenio Granell entrevistado por Eva Veiga en "Mesa Reservada", (1989)
O 7 de xuño de 1989, Eugenio Granell acode ao programa “Mesa Reservada” que presentaba Eva Veiga. A presentadora defíneo como “intelectual, empedernido viaxeiro, violinista frustrado e influente creador surrealista no panorama artístico mundial”.
-
A vida surrealista de Granell en “Cartafol”, (1989)
O programa cultural da TVG “Cartafol” emite o 20 de maio de 1989 unha reportaxe titulada “A vida surrealista de Granell” realizada polo xornalista e escritor Luís Rei. A reportaxe versa sobre a exposición antolóxica que sobre a figura indiscutible deste surrealista galego se está a desenvolver en Madrid.
-
O planeta Granell en “Etcétera”, (1993)
O planeta Granell en “Etcétera”, (1993)
“Planeta Granell” e o título da reportaxe emitida polo programa cultural de TVG “Etcétera” o 10 de febreiro de 1993 co gallo dunha grande exposición sobre a obra do artista surrealista coruñés Eugenio Granell, no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
-
Exposición de Granell e Seoane no programa “Etcetera”, (1996)
O 19 de marzo de 1996 o programa “Etcétera” emite unha reportaxe sobre a exposición da galería Pardo Bazán da Coruña, en que mostra obras de Eugenio Granell e Luís Seoane, dúas figuras imprescindibles das vangardas históricas da arte en Galicia.