-
Celso Emilio Ferreiro: unha vida, unha obra e un pensamento
O programa “Eirado” do día 19 de maio está dedicado ao escritor e político galego Celso Emilio Ferreiro, cuxo centenario se celebra este ano. O programa ofrece unha ampla reportaxe sobre a vida, a obra e a actividade sociopolítica do autor de “Longa noite de pedra”. -
“Onde o mundo se chama Celanova”: A Trabe de ouro (1986)
O 26 de novembro de 1986, o programa de TVG “A Trabe de Ouro” dedica o seu tempo aos escritores de Celanova, e toma como título o dunha obra de Celso Emilio Ferreiro: “Onde o mundo se chama Celanova”.
-
Biografía de Celso Emilio Ferreiro (Celanova 1912- Vigo 1979)
Celso Emilio Ferreiro Míguez naceu o 4 de xaneiro de 1912 en Celanova, vila que sería un referente constante na súa obra. Foi o menor de sete irmáns dunha familia acomodada e galeguista, seu pai pertencía ás Irmandades da Fala.
-
Celso Emilio en “Eirado” (3): aspectos sociais e políticos (2012)
O 28 de xaneiro de 2012, o programa “Eirado” da segunda canle da Galega emite a terceira reportaxe realizada polo xornalista Luís Menéndez sobre os aspectos máis sociais e políticos da figura de Celso Emilio.
-
Celso Emilio en “Eirado (2)”: A obra (2012)
O 21 de xaneiro, o programa “Eirado” da G2 emite a segunda reportaxe de Luís Menéndez sobre Celso Emilio Ferreiro; nesta ocasión sobre a súa obra.
-
Celso Emilio Ferreiro en "Eirado" (1), A Vida (2012)
O programa da Galega “Eirado” realiza unha serie de tres reportaxes sobre a figura de Celso Emilio Ferreiro. Comeza esta serie dedicándolle un programa especial ao poeta de Celanova en que intervén seu fillo, Luís Ferreiro.
-
Viaxe ao país de Celso Emilio (4): “A xeito de S.O.S.” (1989)
“A xeito de S.O.S” é o cuarto capítulo da serie documental “Viaxe ao país de Celso Emilio” emitida por TVG no ano 1989, ano que se lle dedicou o día das Letras Galegas ao poeta de Celanova.
O guión deste capítulo é do escritor Manuel Rivas.
-
Viaxe ao país de Celso Emilio (3): “Eu, Gulliver Ferreiro” (1989)
“Eu, Gulliver Ferreiro” é o terceiro capítulo da serie documental “Viaxe ao país de Celso Emilio” emitida por TVG no ano 1989, ano que se lle dedicou o día das Letras Galegas ao poeta ourensán.
-
Viaxe ao país de Celso Emilio (2): “Terra de ningures” (1989)
“Terra de ningures” é o segundo capítulo da sería documental “Viaxe ao país de Celso Emilio emitida por TVG no ano 1989, ano ao que se lle dedicou o día das Letras Galegas ao poeta ourensán.
-
Viaxe ao país de Celso Emilio (1): “O soño sulagado” (1989)
“O soño sulagado” é o primeiro capítulo da sería documental “Viaxe ao país de Celso Emilio emitida por TVG no ano 1989, ano ao que se lle dedicou o día das Letras Galegas ao poeta ourensán.
O guión deste capítulo é do profesor Alonso Montero.
-
Días das Letras Galegas: De Rosalía a Celso Emilio
De Rosalía a Celso Emilio é un documental emitido por TVG en maio de 1989, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas; ano no que o día estaba adicado ao poeta ourensán Celso Emilio Ferreiro.
-
"Celso Emilio na Tribuna": O Tragaluz (1989)
"Celso Emilio na Tribuna" é unha reportaxe de media hora que se emitiu no programa "Tragaluz" no ano 1989. A reportaxe fai un repaso da vida e da obra do poeta de Celanova e nela participa a súa muller, Moraima.
-
Celso Emilio: A Música. Cap. 3 (2004)
O capítulo tres fai un percorrido polos poemas do escritor de Celanova como textos esenciais, como manancial na que beberon todos os cantautores, toda a canción protesta en Galicia, pero tamén de grupos actuais como Milladoiro ou de Carlos Núñez.
-
Celso Emilio: A Obra. Cap. 2 (2004)
O segundo capítulo fai un percorrido pola obra do escritor. O documental está realizado con imaxes de cine e documentos sonoros de Celso Emilio, amais de fotografías persoais, e imaxes dos seus libros e artigos.
-
Celso Emilio: A Vida. Cap. 1 (2004)
O capitulo primeiro está centrado na vida e está construído con imaxes de cine e documentos sonoros de Celso Emilio, amais de fotografías persoais, e imaxes dos seus libros e artigos.