CRTVG

Buscar

Especiais

25 anos TVG
  • Comarcas (informativos)
  • Bonanza

    Bonanza

    Narra a vida dunha familia no vello Oeste, nunha das épocas máis duras e violentas da historia dos EUA. A familia Cartwright está formada por Ben Cartwrig, pai modélico, educador e conselleiro, e os seus tres fillos, Adam, o intelectual; Hoss, o forte, e Joe, o mozo impetuoso de gran corazón. 

  • O cadro de persoal en 1986

    O cadro de persoal en 1986

    O cadro de persoal de TVG era dunhas 250 persoas no conxunto dos departamentos. A emisión era de 12 horas.

  • Con C de cultura

    Con C de cultura

    Con C de Cultura trata a actualidade cultural mediante dúas ou tres reportaxes e unha axenda.

  • Con luz propia

    Con luz propia

    É un programa no que se pretende coñecer máis de preto a famosos artistas musicais. Na súa primeira edición os objetivos son Julio Iglesias, Gloria Estefan, Antonio Machín e os Beatles.

  • Boa noite

    Boa noite

    Boa Noite era o programa Revista Musical dos luns á noite. Ao longo de 90 minutos, o presentador e condutor íalles dando paso a grandes intérpretes da canción, galegos e do resto de España, en combinación con entrevistas a personaxes populares e famosos que por algún motivo formaban parte da actualidade social, política ou cultural de Galicia ou de todo o Estado.

  • Con música propia
  • Con perdón
  • Bis a vis
  • Contagotas

    Contagotas

    Contagotas é unha espazo divulgativo que procuraba a sensibilización para o coidado do medio natural.

  • Contando estrelas

    Contando estrelas

    Contando Estrelas é un programa musical.

  • Contrafío

    Contrafío

    Contrafío era un programa debate que presentaba a xornalista Amelia García, que tamén foi a directora do programa inicialmente. 

  • Beverly ricos
  • Corazonada

    Corazonada

    Programa de entrevistas que, como en todos os “talk shows”, os protagonistas son persoas correntes. Estas persoas anónimas, que non pertencen ao mundo da televisión, son entrevistadas polo presentador para que testemuñen sobre as súas experiencias persoais. No primeiro programa actuaban Los Doré e estaba dedicado á sorte, á mala e á boa sorte. 

  • Ben falado!

    Ben falado!

    Ben falado! é un microespazo divulgativo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal. A través de o telespectador accederá a explicacións do seu apelido e do nome do lugar onde vive; a curiosidades léxicas, gramaticais e ortográficas; ao sentido de ditos e refráns. 

  • Costeira galega

    Costeira galega

    Costeira Galega é un programa dirixido á xente do mar que se emitía os venres ás 8 da tarde. A hora que dura o programa repártese entre unha reportaxe sobre costumes mariñeiros nos diferentes lugares da costa galega, un resumo das noticias sobre o mundo do mar xurdidas durante a semana e un informe con datos dalgún aspecto do sector para analizar no debate do programa. O debate s

  • Cousas da lingua

    Cousas da lingua

    Cousas da lingua é un programa sobre a lingua galega. O espazo analiza cuestións léxicas, gramaticais, fonéticas e tamén a situación sociolingüística en Galicia. 

  • Xoán Paulo II beatifica os pastores de Fátima

    Xoán Paulo II beatifica os pastores de Fátima

    O 13 de maio do ano 2000, o Papa Xoán Paulo II beatifica no Santuario de Fátima (Portugal) a dous dos pastores, os irmáns Jacinta e Francisco Marto, que viviron cando eran nenos as aparicións da Virxe en 1917.

  • Cousiñas

    Cousiñas

    Cousiñas é unha serie didáctica infantil. Basilio (boneco animado) e Raquel (personaxe real) son os protagonistas de 10 programas que aprendían aos nenos de ata 3 anos, a través de obxectos cotiáns, o universo máis próximo a eles. 

  • Couto vivo

    Couto vivo

    Couto vivo é un programa divulgativo dos Servizos Informativos que se achega aos deportes da caza e da pesca, dúas disciplinas que teñen uns 60.000 practicantes e afeccionados en Galicia.