CRTVG

Buscar

Especiais

25 anos TVG
  • Maseda: Somos unha das mellores televisións
  • A dobraxe de Hot Shots 2
  • Chunda Chunda

    Chunda Chunda

    Serie documental de oito capítulos que seguíu a vida de dúas orquestras ao longo dun verán durante as súas actuacións e tamén na súa vida cotiá.

  • Centro de saúde

    Centro de saúde

    Centro de saúde é un espazo divulgativo que tiña como obxectivo mellorar os hábitos de vida da poboación galega. Este programa contaba coa colaboración de médicos especialistas para achegarlle á audiencia as claves para previr e tratar as súas doenzas. 

  • Cazatesouros

    Cazatesouros

    A protagonista de Cazatesouros é Sydney Fox , unha profesora de historia pouco convencional que vive múltiples aventuras e arrisca a súa propia vida para atopar as reliquias máis fabulosas da Antigüidade. Os seus vastos coñecementos sobre as civilizacións antigas, combínanse cun amplo dominio de artes marciais e unha sensualidade a proba de malfeitores. 

  • Cazapantasmas

    Cazapantasmas

    Os Cazapantasmas é unha serie de animación baseada na película "Cazapantasmas", un éxito dos anos 80. Coma na película, Tres parasicólogos da Universidade Columbia de Nova York comezan o seu negocio traballando como cazapantasmas e investigando fenómenos paranormais. 

  • Cazador de palabras

    Cazador de palabras

    Cazador de palabras é un docu-show divulgativo que ten como obxectivo transmitirlle ao espectador a emoción das palabras, o seu lado entretido e curioso e os aspectos máis divertidos da lingua. Cazador de Palabras é un espazo familiar que intenta demostrar que a lingua pode ser empregada en todas as circunstancias e para falar de calquera cousa, seria ou divertida, social ou familiar, científica ou popular. 

  • O carteiro Pat (Debuxos)

    O carteiro Pat (Debuxos)

    Pat Clifton é o carteiro rural da vila de Greendale nunha fermosa rexion ao norte de Inglaterra; está inspirada no val de Lonfsleddale. O carteiro Pat percorre vales e outeiros levando non só a correspondencia senón un sorriso, unha broma ou os comentarios da vida cotiá das xentes do val.

  • Cibernatura

    Cibernatura

    Cibernatura é un espazo divulgativo de 15 minutos que se propuña a toma de conciencia sobre a necesidade de coidar o planeta Terra da destrución e da degradación que supoñen certos hábitos.

  • Ciencianosa

    Ciencianosa

    A partir de preguntas básicas como cantos anos podemos vivir, como vai ser Galicia co cambio climático, por que voan os avións, en que se fixan as mulleres nos homes, que destacan os homes das mulleres... o programa Ciencianosa busca respostas coa axuda de expertos científicos de Galicia. No desenvolvemento

  • Cartafol

    Cartafol

    Cartafol é un programa cultural que veu substituír a O Tragaluz. Igual que o seu antecesor emitíase os sábados pola mañá e duraba uns 20 minutos. Cartafol analizaba a cultura no sentido máis amplo da palabra.

  • Cifras e letras

    Cifras e letras

    Cifras e letras é un espazo que enche de emoción e interese as sobremesas diarias da audiencia galega. O concurso serve para axilizar a mente e permite competir amigablemente desde a casa, onde se xoga instintivamente.

  • Carmen Prado
  • Clan Clip

    Clan Clip

    Clan Clip era un programa musical de media hora de duración. Era un formato novo dedicado a difundir os vídeos musicais dos artistas de máis actualidade do momento. 

  • Clipmanía

    Clipmanía

    Clipmanía era algo máis que un programa de vídeos musicais. Clipmanía era un programa de música no que tiñan cabida as novas bandas musicais de Galicia, compartindo espazo cos músicos españois e internacionais de máis renome. 

  • Cociña para todos

    Cociña para todos

    O cociñeiro Juan Mato mostra a diario como preparar receitas, amenas e sinxelas, encamiñadas á consecución dunha cociña saudable.

  • Capitán planeta

    Capitán planeta

    Capitán Planeta é unha serie de carácter ecoloxista, creada por Ted Turner co obxecto de concienciar dos cambios que sofre a Terra a causa da contaminación. Gaia, o espírito da Terra, ante a imposibilidade de loitar contra as forzas do mal, encarnadas unhas veces en homes ávidos de poder, outras en criaturas que fan mal por pracer, entrega cinco aneis máxicos a cinco rapaces

  • Coidado co anxo

    Coidado co anxo

    Coidado co Anxo é unha produción mexicana de Televisa internacional dirixida por Víctor M. Foulloux e Víctor Rodríguez baseada na novela homónima da escritora Delia Fiallo. A trama reflicte a historia de Marichuy (Maite Perroni) que foi entregada a un orfanato porque súa nai estaba tan enferma que cría que ía morrer. Ao

  • Colombo

    Colombo

    Colombo é unha das series policiais de maior culto entre os espectadores de todo o mundo. Colombo é un detective de homicidios do departamento de policía dos Ánxeles. É un personaxe moi particular: aparentemente despistado, pero eficaz, coa voz ronca, unha vella gabardina e un Peugeot 403. Está arr

  • Buck Rogers

    Buck Rogers

    Buck Rogers foi unha teleserie que tivo un grande éxito en todo o mundo e que co tempo se convertería en serie de culto. Está baseada no clásico superheroe espacial dos anos 30 Back Rogers, un astronauta do século XX a quen se lle avaría a nave, esnáfrase no Ártico e queda sepultado no xeo.