-
Carlos Lozano e as primeiras instalacións
A Radio Galega comezou a emitir desde o Palacete de San Caetano. Carlos Lozano, técnico de control, destaca os avances e melloras que se produciron desde os primeiros tempos ata agora.
-
Programa "Cousas", de Miguel Piñeiro
Cousas foi a primeira revista da tarde na Radio Galega. Dirixida e presentada por Miguel Piñeiro.
-
Asasinato de Miguel Ángel Blanco
A Radio Galega despregou todos os medios ao seu alcance para dar cobertura informativa ás 48 de tensión que seguiron ao secuestro de Miguel Ángel Blanco.
-
Pepe Carreira, locutando desde os comezos
Pepe Carreira pasou por programas variados e distintos horarios. Pero o seu primeiro cometido foi a información deportiva.
-
A asesoría lingüística da RG
Facer radio íntegramente en galego era un dos retos en 1985.
-
Teatro radiofónico
O teatro estivo presente desde o comezo na Radio Galega con programas como "Radioteatro" ou series como "Os Ventura" ou "Os pobres si que choran".
-
O bosque animado
Homenaxeando a Wenceslao Fernández Florez, Cristina Lombao presentou en 1988 un programa sobre as tradicións e a cultura popular.
-
Xosé Luís Freire, primeiro Xefe de Emisións
Nos inicios, Freire encargouse de coordinar os doce técnicos e o único auxiliar que había no departamento de emisións, dos que a metade nunca traballaran en radio.
-
Ramón Caramelo e os inicios da Radio Galega
Ramón Caramelo traballou desde os comezos da Radio Galega nos servizos informativos. Este profesional lembra con morriña a primeira etapa.
-
Coa lúa nos beizos
Nos inicios da Radio Galega, o poeta galeguista Avelino Abuín de Tembra presentaba un programa dedicado, sobre todo, á obra de Rosalía de Castro.
-
Todo pola música
A Radio Galega estivo sempre ao servizo da nosa música, a través de programas como "Aturuxo", "As nosas bandas", "Os nosos coros" ou "Chame, fale e pida".
-
Alicia Buyo, primeira Xefa de Informativos da RG
Alicia Buyo asumiu a xefatura de informativos, cando a Radio Galega estaba comezando e apenas contaba con máis de corenta traballadores e abundaban os fallos técnicos e humanos.
-
Andrés Vieites e a victoria de Álvaro Pino
Unha das voces máis coñecidas dos deportes na Radio Galega é Andrés Vieites. Este locutor, que está na casa desde o día da súa inauguración, lembra, como un dos momentos máis emotivos da súa carreira, a victoria de Álvaro Pino na Volta Ciclista a España en 1986.
-
A nai de todas as batallas
A primeira Guerra do Golfo, que se desatou a noite do 17 de xaneiro de 1991, obrigou a facer un gran esforzo informativo.
-
Xoán Paulo II na Xornada Mundial da Xuventude. Compostela 1989
A Radio Galega retransmitiu durante horas a visita que realizou a Santiago de Compostela Xoán Paulo II, en 1989.
-
Miguel Piñeiro, locutor e ex Xefe de Programas
Miguel Piñeiro dirixiu e presentou Cousas, a primeira revista da tarde na Radio Galega.
-
Luís Rial, locutor e reporteiro
Rial fixo a primeira retransmisión desde a rúa da Radio Galega, nuns tempos en que aínda había numerosas carencias e moitos detalles que atender.
-
Carlos Casares
O escritor Carlos Casares, falecido no 2002, foi un dos colaboradores máis queridos e lembrados na Radio Galega.
-
O Casón
O naufraxio do buque "Casón" fronte as costas de Fisterra foi o "bautismo de lume" para os traballadores de Radio Galega, xa que se produciu apenas dous anos despois da inauguración da emisora.
-
O traballo dos produtores de programas
Os produtores de programas dunha emisora de radio son os encargados de conseguilo practicamente todo, desde os convidados ata os medios de transporte que logo usarán os compañeiros xornalistas e técnicos.