CRTVG

Buscar

Especiais

Capitán planeta

22/09/1991

Ficha técnica:

  • Produción: TBS PR. e DIC ENTERPRIS (USA, 1990)
  • Sinopse:  Capitán Planeta é unha serie de carácter ecoloxista, creada por Ted Turner co obxecto de concienciar dos cambios que sofre a Terra a causa da contaminación. Gaia, o espírito da Terra, ante a imposibilidade de loitar contra as forzas do mal, encarnadas unhas veces en homes ávidos de poder, outras en criaturas que fan mal por pracer, entrega cinco aneis máxicos a cinco rapaces moi especiais pertencentes cada un deles a un continente. A Kwane de África, outórgalle o poder da terra, a Wheeler de Norteamérica, o poder do lume, a Linka da Unión Soviética o poder do vento, Gi de Asia o poder da auga e a Mattí de América do Sur o poder do corazón. 

    Os catro primeiros poderes corresponden cos e

    lementos clásicos da natureza, mentres que o quinto, o corazón, representa o amor. 

    Cando os cinco aneis se xuntan fan acudir ao Capitán Planeta e todos eles axudarán a Gaia a manter a paz na Terra.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí