CRTVG

Buscar

Especiais

Bonanza

05/04/2000

Ficha técnica

  • Produción: Paramount Studios, Hollywood (USA, 1959).
  • Reparto: Ben Cartwright (Lorne Greene), Adam Cartwright (Pernell Roberts), Hoss Cartwright (Dan Blocker), Joe Cartwright (Michael Landon).
  • Sinopse: Bonanza é unha serie creada por un escritor convertido en produtor, David Dortort en 1959. Bonanza é hoxe unha serie de culto que interesa por igual a tres e ata catro xeracións. Narra a vida dunha familia no vello Oeste, nunha das épocas máis duras e violentas da historia dos EUA. A familia Cartwright está formada por Ben Cartwrig, pai modélico, educador e conselleiro, e os seus tres fillos, Adam, o intelectual; Hoss, o forte, e Joe, o mozo impetuoso de gran corazón. A súa residencia é o mítico rancho -A Ponderosa-, un imperio de gando, madeira e unha vista espectacular das montañas de Nevada. Foi o primeiro filme do Oeste asentado nun fogar permanente como base habitual. Ata entón, o xénero caracterizábase polo itinerario como base da trama e as aventuras. Os máis de 1.500 km2 do rancho -A Ponderosa- esténdense entre Reno e máis aló de Carson City, , ao sur de Virxinia City, no Estado de Nevada. 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí