CRTVG

Buscar

Especiais

Celso Emilio Ferreiro en "Eirado" (1), A Vida (2012)

09/03/2012

O día 14 de xaneiro de 2012, o programa “Eirado” emite un programa especial dedicado integramente ao escritor e político galego Celso Emilio Ferreiro, cuxo centenario se celebra no declarado polo Parlamento Galego como Ano Celso Emilio.  Este ano coincide ademais co medio século dunha das súas obras máis senlleiras, “Longa noite de pedra”.

Neste programa especial de “Eirado” participa seu fillo, Luís Ferreiro, quen fai apuntamentos biográficos sobre seu pai e fala tamén do traballo da Fundación Celso Emilio Ferreiro, de que é director; unha institución que pretende fomentar o coñecemento e a difusión da obra do escritor de Celanova e contribuír a difundir o seu legado extraordinario.

Para achegarse á obra de Celso Emilio, “Eirado” conta tamén coa colaboración dos profesores Mónica Góñez e Ramón Nicolás, especialistas na súa narrativa e na súa poesía respectivamente.
 Eirado tamén inicia unha serie de reportaxes sobre Celso Emilio Ferreiro, a cargo do xornalista Luís Menéndez e que se emitiron nas dúas semanas seguintes. Con estas tres reportaxes, o programa ofrece un amplo retrato biográfico do escritor ourensán.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí