Especiais
Banda curta
31/01/2009
Ficha técnica:
- Dirección: Alfonso Pato
- Presentación: Luis Pardo
- Produción: TVG
- Realización: Gonzalo Pintos
- Sinopse: Banda Curta nace con vocación de dar a coñecer o amplo panorama da música pop e rock en Galicia, os grupos emerxentes ou a explosión de bandas nacidas arredor da rede de locais de ensaio hai pouco tempo. Este novo espazo pretende funcionar como unha fiestra á que poidan asomarse os grupos, os festivais, as salas de actuacións, os estudios de gravación e todos os sectores que forman parte da industria musical en Galicia. Contaba cunha sección dedicada a saber que foi dos grupos que emerxeron coa chamada Xeración Xabarín, como o caso dos Heredeiros da Crus, ou unha sección chamada Adn, onde personaxes populares daban a coñecer os seus gustos musicais.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí