CRTVG

Buscar

Especiais

As viaxeiras da lúa

15/03/2000

Ficha técnica

  • Dirección: Valentín Carrera
  • Produción: IBISA para TVG (Galicia, 2003)
  • Realización: Valentín Carrera
  • Sinopse: As viaxeiras da Lúa é unha serie producida por Ibisa TV do ano 2003. A serie ofrece unha imaxe amable e divertida da Galicia inédita a través da aventura de cinco viaxeiras que percorren Galicia a pé, a cabalo, en barco ou en globo mentres comparten cos espectadores unha chea de sorpresas. As protagonistas da serie son a actriz Uxía Blanco, a poetisa Raquel Palacio, a fotógrafa Marta García, a xornalista Micaela Sinde e Inés Cuadrado, arxentina e neta de galegos que vai na busca da súa memoria xeracional.As cinco aventureiras presentan nun formato televisivo próximo á docu-ficción e afastado do documental clásico. Cada un dos trece capítulos da serie fai unha homenaxe ao cine galego mediante a alusión a películas filmadas en Galicia. Ademais, en cada episodio aparecen diferentes personaxes coñecidos de Galicia como María Bouzas, Ernesto Chao, Toñito de Poi, Susana Seivane... que acompañan as viaxeiras no seu camiño mentres conversan e descobren lugares. Na súa viaxe pasan por máis de cincuenta concellos e percorren máis de tres mil quilómetros.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí