CRTVG

Buscar

Especiais

As leis de Celavella

14/03/2000

Ficha técnica

  • Dirección: Gerard Gomerzano
  • Produción: Voz Audiovisual para TVG (Galicia, 2003)
  • Reparto: Paulo Veiga (Manuel Cortés), Matilde (Eva Fernández), Belisario, O Fantasma (Víctor L. Mosqueira), Wenceslao, Tenente Garda Civil (Marcos Viéitez), Don Crisanto (Gonzalo Uriarte), Don Dionisio (Tuto Vázquez), Inés (Camila Bossa), Pombo (Antón Mourelos), Dona Elvira (Margarida Fernández), Tomás Veiga (Salvador Del Río), Leocadia (Ana Santos), Laureano (Fernando Morán), Paquiño (Carlos Fernández), Dora (Nuncy Valcárcel), Cabo Da Garda Civil Avelino González (Avelino González)
  • Sinopse: As Leis de Celavella é a primeira serie de intriga ambientada na Galicia de principios do século XX que emite a TVG. Na serie, de estilo costumista, retrátase un grupo humano cheo de posibilidades dramáticas e de comedia, mesturado coa riqueza do xénero de detectives. A historia conta as andainas dun avogado intrépido, Pablo, que volve á casa despois de oito anos de estudos en Santiago de Compostela. Grazas a unha peculiar pantasma, o espírito de Belisario, un home executado anos atrás, acusado dun asasinato,descobre a súa vea de detective, ademais de remexer no pasado da súa familia e da súa veciñanza. Belisario non descansará en paz ata que o seu caso se resolva e Pablo non parará ata descubrir a verdade. Exteriores gravados na vila de Betanzos e nos concellos de Santiago, Coirós, Paderne e Bergondo.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí