CRTVG

Buscar

Especiais

As bólas máxicas

08/02/1990

Ficha técnica:

  • Idea: Unha creación realizada a partir do cómic manga de Akira Toriyama
  • Sinopse: Todo comeza cun neno pequeno que se chama Son Goku, que vive só na montaña Paozu. Foi atopado nunha selva polo ancián Son Gohan, que lle ensinou kung fu. Unha noite, Gohan morreu a mans dun monstro misterioso. Pero non é ata que coñece a Bilma cando empeza a súa aventura. Cando a coñece, ela convénceo para ir na busca das sete esferas do dragón, que, unha vez reunidas, invocan o deus Shenlong, que pode cumprir os desexos. Co tempo, Goku vai medrando, facendo novas amizades e salvando ao mundo dos antagonistas, como o emperador Pilaf e o temible Piccolo Daimaoh. Áxil,  forte e sen ningún sinal de maldade dentro de si, Goku diferénciase dos outros personaxes por ter un rabo de mono. A TVG foi a primeira televisión que programou esta serie de debuxos animados de éxito en España.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí