CRTVG

Buscar

Especiais

Anxo rebelde

08/03/2000

Ficha técnica

  • Produción: Venevision / Univision Network (VEN./ USA, 2004)
  • Reparto: Gretell Valdez (Lucía), Víctor Noriega (Raúl Hernández), Maritza Rodríguez (Crystal Covarrubias), Bernie Paz (Dr. Claudio Salazar), Ariel López Padilla (Ernesto Lezama), Osvaldo Rios (Alejandro Valderrama), Claudia Islas (Doña Enriqueta Covarrubias), Lisette Morelos (Natacha Covarrubias), Marisol Calero (Etelvina Pérez), Juan Pablo Gamboa (Camilo Salazar), Alba Roversi (Elena Andueza Covarrubias), Ana Patricia Rojo / Norma Zuniga (Doña Lola)
  • Sinopse: Anxo Rebelde é unha telenovela coproducida por Venezuela e OS Estados Unidos no ano 2004. É un drama romántico que ten como protagonista a Lucía, unha rapaza de vinte anos, atractiva e inxenua, que traballa arreo nunha liña de autobuses en Miami para manter a súa familia. Ela descoñece quen é seu pai e a familia á que pertence súa nai Elena. Vinte anos atrás, dona Enriqueta Covarrubias, dona dunha gran cadea de xoierías, envía o seu chofer para matar a súa filla, Elena, embarazada do seu mozo Alejandro, quen, ao intentar defendela, forcexa co chofer e morre este accidentalmente, polo que o mozo é condenado a prisión. Cando sae da cadea, despois de cumprir vinte anos, non cre que Elena morrera e emprende a súa busca, ademais de xurar vingarse de dona Enriqueta. Por outra parte, na mansión dos Covarrubias viven, ademais de dona Enriqueta, tres netas que quedaron orfas: Cristal, Natascha e a máis nova, Mariela. Cristal, ambiciosa, altiva e prepotente, emprega todas as súas forzas para conseguir ser a sucesora de súa avoa, pensando en afastar as súas dúas irmás, aínda que estea latente a dúbida de se Elena sobreviviu e que poida existir un neto ou neta máis; mentres que Natascha é propietaria dunha axencia de modelos, quérese divorciar de seu home, Ernesto, a causa dos seus celos. Camilo, publicista e compañeiro dela, sente un profundo amor por ela. Mentres tanto, Lucía está namorada de Raúl, mozo tímido e atractivo que traballa no viveiro co seu tío Alejo. Lucía entrará a traballar na casa dos Covarrubias, e alí é testemuña do capricho de Cristal por Raúl. Inícianse así unha serie de encontros e desencontros que desencadean vinganzas dramáticas. Os exteriores desta telenova están rodados en Miami (Florida).
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí