CRTVG

Buscar

Especiais

Ana Kiro presentadora do “Luar”, 2002

24/09/2011

Ana Kiro será unha presentadora de excepción no “LUAR” número 399. Ao longo do espazo Ana Kiro conectará en directo con Xosé Ramón Gayoso en diferentes ocasións. Gayoso estaba en Nova York para recoller un premio e desde alí daranos a coñecer curiosidades e grupos folclóricos galegos creados na cidade dos rañaceos.

Dáse a casualidade que neste programa Ana Kiro presenta a concursante Lucía Pérez, que vai actuar na final de “Canteira de Cantareiros”. Esa noite, Lucia Pérez, representante de España no Festival de Eurovisión 2011, gañou o concurso “Canteira de Cantareiros” e recibiu o premio das mans de Ana Kiro. Daquela, Lucía Pérez estudaba segundo de bacharelato.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí