CRTVG

Buscar

Especiais

Alalá

05/03/2000

Ficha técnica

  • Dirección: Senén Bernárdez
  • Presentación: Pilar García Rego
  • Produción: TVG
  • Realización: Senén Bernárdez, F. Moreiras, J.González
  • Sinopse: Os protagonistas do programa Alalá son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Alalá mestura interpretacións musicais con fragmentos documentais sobre a vida cotiá dos protagonistas, o seu xeito de pensar, sentir e percibir a música tradicional e o mundo. A necesidade da participación colectiva en tarefas agrícolas obrigaba na aldea galega á unión entre os veciños, a dificultade nas comunicacións e a falta de medios de diversión, supoñían a necesidade de divertirse co que había. Nese contexto é onde se desenvolve a música tradicional, nas tarefas agrícolas e artesás (labradas, colleitas, muiñadas ou fiadas) ou en reunións de veciños para pasalo ben (seráns, foliadas, polavilas). A música tradicional galega, chea de alegría, de forza, de ironía, de vida non se pode comprender por completo fóra deste contexto. Alalá intenta que non se esqueza para sempre este patrimonio xa que estamos ante a última xeración que viviu a transmisión directa e no seu contexto da música tradicional. De aí a importancia cultural de Alalá e dos folcloristas e musicólogos que se dedican á preservación do noso patrimonio. Outro dos temas que trata Alalá é a música tradicional na emigración. viaxou a Cuba, Arxentina, Uruguai e Brasil, amosando que os emigrantes non só levaron para o exterior as súas lembranzas e a súa lingua senón tamén a súa música. En diferentes capítulos amosouse como na Galicia exterior se segue interpretando e bailando a música galega e como o son da gaita ou dos cantos, fóra de Galicia, ten un poder de evocación e unha forza tremendos.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí