CRTVG

Buscar

Especiais

Afundimento do "Zafir" no Mar Exeo

02/03/2000

O 15 de febreiro do ano 2000, ás 3 da mañá, o buque ESPRESSO DE CATANIA aborda ao ZAFIR no Mar Xónico, á altura de Catanzaro (Calabria), ao sur de Italia.

O ZAFIR afúndese rapidamente. Dos 14 tripulantes, todos galegos, só se salva o mecánico naval en prácticas, Óscar del Río, de 23 anos e natural de Vigo. Aparecen os cadáveres doutros 3 tripulantes. Os 10 restantes danse por desaparecidos.

Os estudos realizados por un buque oceanográfico da Mariña italiana indican que o ZAFIR está a uns 400 metros de profundidade, o que practicamente imposibilita que se poida reflotar.

No momento da colisión, o ZAFIR navegaba cun cargamento de cemento desde o porto italiano de Corigliano (Calabria) con destino ao porto de Marina di Carrara (Livorno, A Toscana).

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí