CRTVG

Buscar

Especiais

Acurralada

28/02/2000

Ficha técnica

  • Produción: Venevisión Prod. (VEN./USA, 2007)
  • Reparto: Sonya Smith (Fedora / Gaviota), David Zepeda (Maximiliano Irazabal), Alejandra Lazcano (Diana Osorio), Roberto Mateos (Paco Vásquez), Frances Ondiviela (Octavia Irazabal), Mariana Torres (Gaby Soriano), Maritza Rodríguez (Marfil / Deborah), Elizabeth Gutiérrez (Paola Irazabal), William Levy (Larry Irazabal), Yül Burkle (Andrés Davila), Alicia Plaza (Bruna Perez), Ofelia Cano (Yolanda Alarcón), Jorge Luis Pila (Diego Suarez), Griselda Noguera, Orlando Fundichely (Ignacio Montiel)
  • Sinopse: Acurralada é unha telenovela producida en Venezuela por Venevisión Productions no ano 2007. A trama é unha apaixonante historia de amor, odio e vinganza nun escenario de luxo, suntuosas mansións, fermosas vistas ao mar, praias famosas, edificios abraiantes e xente “guapa”. A maldade desenfreada da familia Irazábal ameaza dúas veces con destruír as vidas dunha nai e dunha filla, nun espazo de vinte anos. Hai dúas décadas, a perversa Octavia Irazábal, arrebatoulle a Fedora todo o que tiña máis valor para ela, desde as súas fillas pequenas ata a súa próspera fábrica de perfumes. Por se fose pouco, incriminou a Fedora nun delito que esta non cometera, polo que foi sentenciada a prisión. Agora que por fin foi liberada, Fedroa xura que recobrará a vida que lle foi arrincada tan cruelmente hai tanto tempo. O que Fedora nin imaxina é que súa filla maior, Diana, quen agora ten vinte e tres anos, graduada en enfermería, atopará no seu camiño os Irazábal, namorarase do fillo de Octavia, Maximiliano, e como ela mesma, caerá vítima da vileza desta familia poderosa. Coñecendo o desalmados e perigosos que poden ser Octavia Irazábal e os seus aliados, aconsella as súas fillas que se afasten desa familia. Pero ningunha advertencia, por moi apaixonada que sexa, pode interferir co profundo amor que se teñen Diana e Maximiliano, un amor que será atacado e esmagado por un grupo de personaxes que conspiran contra a parella. Finalmente, Fedora triunfa na súa vinganza e acaba cos Irazábal, salvando a súa filla de seguir ACURRALADA polas viles intrigas dos Irazábal. Acurralda está escrita por Alberto Gómez, autor ademais de Gata Salvaxe.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí