CRTVG

Buscar

Especiais

Abdicación, debate aberto

08/05/2013

Marzo de 2013. O rei Xoán Carlos recupérase da dobre operación de hernia discal á que foi sometido nunha clínica madrileña. É a cuarta operación que sofre o monarca en menos dun ano. Prodúcese nun momento complicado para a Casa Real. Os problemas de saúde do Rei coinciden co momento máis baixo da súa popularidade, afectada polas noticias relacionadas co caso Noos e polo incipiente debate arredor dunha posible abdicación en favor do príncipe Filipe.

O rei Xoán Carlos ingresaba na clínica La Milagrosa de Madrid para someterse a unha dobre operación de hernia discal, unha operación que segundo o parte médico podería obrigalo a estar de baixa entre dous e seis meses. A intervención prodúcese nun contexto especialmente complicado para a Casa Real, afectada pola caída da popularidade da institución a causa do caso Noos e pola aparición de voces que publicamente piden a abdicación do monarca en favor do príncipe Filipe de Borbón.

O doutor que lle practicóu a operación asegura que a recuperación está sendo extraordinariamente boa, aínda que algún outro especialista consultado pola redacción do programa explica que esa recuperación será lenta porque se trata xa dunha persoa de certa idade. Aínda así, xornalistas como Fernando Ónega sinalan que recuperación ou rehabilitación non significan inhabilitación e, como o prípio Ónega asegura, "o Rei non vai ir sachar á horta"

A de hernia discal é a última dunha serie de operacións que lle practicaron desde 1981. Segundo se amosa nun infográfico nos últimos tres anos sofre seis intervencións por causas diversas, que o limitan físicamente, aínda que non mentalmente.

Na entrevista con Jesús Hermida a principios de 2013, o Rei deixaba claro cales eran as súas institucións: atopábase con ilusión e forza para seguir.

A abdicación da raíña holandesa, da misma idade que o rei Xoán Carlos, abre aínda máis a corrente de opinións sobre a súa conveniencia da súa abdicación. As forzas políticas galegas consultadas amosas posicións variadas, desde a da convicción de que ese debate é actualmente é inadecuado ata a convicción dalgúns de que o que está en entredito é a pervivencia da propia institución monárquica.

Tamén son moi variadas as opinións de distintos analistas consultados no ámbito do xornalismo, da política ou do dereito.

A transparencia sobre as actividades e os gastos da casa real é tamén obxecto de debate, neste momento no que a transparecncia das instituacións é obxecto dunha lei. A opinión dos consultados é, neste caso, practicamente unánime: a necesidade de que todo que fai a Casa Real sexa transparente.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí