CRTVG

Buscar

Especiais

A víbora negra

22/02/2000

Ficha técnica

  • Produción: BBC TV (GB,1989)
  • Reparto: Rowan Atkinson (capitán Víbora Negra),Tony Robinson (ordenanza Baldrick),Tim Mcinnery (capitán Cariño), Sthepen Fry (xeneral Melchet), Hugh Laurie (lugartenente George)
  • Sinopse: A víbora Negra é unha comedia de situación, considerada unha obra mestra da televisión mundial, que percorre a historia de Gran Bretaña (entre 1485 e 1917) baixo a mirada de Edmund Blackadder, cínico, oportunista e cobizoso membro dunha familia aristocrática inglesa. Blackadder evoluciona en intelixencia a cada temporada, pero inversamente é degradado na súa clase social. A serie comezou a realizarse en 1983 e durou ata 1989. Nesta temporada, o capitán do exército inglés, Víbora Negra, destinado nas trincheiras, en plena Iª Guerra Mundial, ideará mil e unha argucias para eludir entrar en combate. Como curiosidade dicir que a música da serie é interpretada pola banda do terceiro batallón do Real Rexemento Inglés.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí