CRTVG

Buscar

Especiais

A polos 25 (8)

12/02/2000

A polos 25 zapeará nesta entrega polos mellores momentos da historia de TVG cando comezaba a década dos anos 90 que supuxo un cambio importante na evolución televisiva. Pasaranse as imaxes dun programa que supuxo toda unha revolución no cambio de formatos televisivos, Sitio Distinto, presentado por Antón Reixa. Outros programas que igualmente marcaron unha evolución no xeito de facer televisión nos 90 foron os espazos Adiviña quen vén esta noite A Revista Crocante, que supuxo o debut da presentadora actual de Alalá, Pilar García Rego, nun espazo en directo e diario; tamén se recordará o programa Máis Ozono e poderán verse os mellores momentos de Helena Soto, unha das presentadoras máis veteranas de TVG. 

Para facer todas estas lembranzas o programa conta coa axuda de Manuel Pampín e Helena Soto.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí