CRTVG

Buscar

Especiais

A miña famosa familia

19/09/2009

Ficha técnica:

  • Dirección: Carlos Dávila
  • Presentación: Xosé Barato
  • Produción: Ficción Producións para TVG
  • Sinopse: A miña famosa familia é un programa baseado na xenealoxía. En cada episodio vemos como un cidadán anónimo fai un percorrido pola súa árbore xenealóxica para descubrir que está emparentado cun persoeiro histórico; alguén que o convidado nunca imaxinou que puidese formar parte da súa familia. A premisa que segue o programa é que todos estamos emparentados con alguén que cambiou o curso da historia do noso país; é só cuestión de investigar. O programa conta cun colaborador de luxo como é Justo Beramendi González, Premio Nacional de Ensaio do ano 2008. Outro piar fundamental do equipo de investigación e documentación foi o rexistro parroquial, xa que o 95% das parroquias galegas conserva os seus libros sacramentais, coas partidas de bautismo, casamento e defunción.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí