CRTVG

Buscar

Especiais

A Martabela

25/07/2009

Ficha técnica:

  • Presentación: Juan Fuentes e Sonia López
  • Produción: TVG
  • Sinopse: Distintos escenarios do verán galego servirán para revivir con máis forza as claves da nostalxia convertida en música e en recordos de toda unha vida. O musical de verán-2009 da TVG pretende reunir fronte á pantalla o público galego para espertar as súas lembranzas asociadas aos sons de músicas e estilos que fixeron historia e que pasaron a ser as máis emblemáticas de todos os tempos, sons recoñecibles da nosa memoria que serán guiados a través dunha liña temática: cancións de verán, voces de ouro da música galega, de España e do panorama internacional. A Martabela é un programa que ten como fío condutor a música e que lle dá ao espectador a oportunidade de recordar aqueles sons que marcaron momentos especiais da súa vida, ao longo das emblemáticas décadas dos anos 60, 70, e 80. 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí