CRTVG

Buscar

Especiais

A historia de Letizia Ortiz Rocasolano

08/05/2013

A reportaxe fai un breve percorrido pola vida de Letizia Ortiz na súa época escolar, no Colexio Público "Gesta I", do barrio da Gesta, en Oviedo. As profesoras Berta Martino e Ana Martínez recuperan algunhas lembrazas do paso de Letizia polo colexio e amosan fotos das fichas escolares da Princesa. Unha delas amosa unha fotografía de Letizia Ortiz durante unha viaxe de fin de curso a Sevilla.

Relátase tamén o contacto de Letizia Ortiz cos medios de comunicación, a través da radio. Seu pai foi o responsable de Antena 3 Radio cando era nena e ela mesma lembra as tardes que pasaba na emisora facendo os seus deberes escolares. Letizia volveu a Asturias, despois de marchar con seus pais a Madrid cando tiña 15 anos, para facer prácticas xornalísticas no diario La nueva España. O director do periódico recorda o paso de Letizia Ortiz pola redacción, ás súas ordes cando el era o responsable da sección de economía, na que ela cursou como bolseira o primeiro ano. Ao ano seguinte traballou na sección de local.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí