CRTVG

Buscar

Especiais

A formación do príncipe Filipe de Borbón en Marín (2004)

08/05/2013

Se buscamos un vínculo sólido entre Filipe de Borbón e Galicia, atopámolo sen dúbida en Marín, onde o Príncipe recibiu parte da súa formación militar. Ingresou na Escola Naval Militar no ano 1986 procedente de Zaragoza, onde xurou bandeira xunto aos alumnos de primeiro ano. Aquí viña converterse en mariño. Os seus compañeiros lémbrano coma unha brillante persoa, bo amigo e mellor compañeiro.

O director da Escola Naval Militar explica que a Casa Real quería que fose tratado da mesma maneira que calquera outro gardamarina. A única diferenza cun curso normal é que a zona en que estaba a súa promoción tiña un acceso un pouco máis restrinxido ca o resto.

O príncipe Filipe fixo en Marín un curso deseñado especialmente para el, reunindo aquelas materias basicamente navais, que os seus compañeiros de promoción cursan en cinco anos. En xaneiro embarcou no buque escola Juan Sebastián Elcano para realizar unha travesía de doce mil millas ata Baltimore.

Desde Marín coñeceu Pontevedra, Raxó e outras zonas da comarca. Da súa estadía en Marín conserva moi bos amigos, cos que anos despois segue mantendo.

En xullo de 1989 recibiu nun acto moi emotivo o seu despacho de alférez de navío de mans de seu avó don Xoán de Borbón.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí