CRTVG

Buscar

Especiais

A Duquesa da rúa do Duque

11/01/2000

Ficha técnica:

  • Produción: BBC (G.B., 1976)
  • Reparto: Gemma Jonse, Donlad Burton, Christopher Cazenove, George Pravda...
  • Sinopse: A Duquesa da rúa do Duque está ambientada no Londres de principios de século, onde conviven as enormes fortunas coas grandes pobrezas. Baseada en feitos reais é a historia de Rosa Lewis, quen comeza sendo unha das moitas criadas que servían aos ricos por un xilin á semana e acabou sendo a dona do famoso Hotel Cavendish, no centro do barrio de clubs da capital británica. Grazas á súa habilidade como cociñeira e á súa beleza, converteuse na anfitriona e a amiga de nobres, príncipes e reis. A vida de Rosa Lewis encargouse de convertela en serie John Hawkesworth, que tamén foi o responsable de "Arriba e Abaixo", que tivo un grande éxito nas televisións de todo o mundo. Para crear esta serie documentáronse en diarios, cartas e novelas da época. Rosa Lewis morreu no ano 1952 aos 80 anos, pero a súa figura aínda segue a espertar interese. 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí