CRTVG

Buscar

Especiais

A charanga. Juan Pardo

30/08/2013

Juan Pardo gravou a canción en galego e en castelán simultáneamente e foi un grande éxito, número 1 de supervendas no ano 1969.

O programa No bico un cantar desvela en que se inspirou Juan Pardo para compoñer esta canción e ofrece diferentes versións, como a de Amalia Rodrigues, Maret, Os Charangos, Pedraquetiña e, por suposto, a do propio Juan Pardo.

Ademais, falan de “A Charanga” amigos e familiares do cantante, como José Ramón Pardo ou Lys Pardo, a súa filla; e con expertos na súa música, como Alberto Piñeiro ou Moncho Lemos.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí