CRTVG

Buscar

Especiais

60 anos de historia. O 60 aniversariao do rei Xoán Carlos.

08/05/2013

Xoán Carlos de Borbón chegou a España con dez anos e cun encargo: a restauración da monarquía. E ese sería un traballo en que entregaría a súa infancia e adolescencia, un neno que deixaba familia e amigos para recibir unha formación especial baixo a mirada atenta dun grupo de xenerais nun país que non coñecía.

Estaba destinado a ser un continuador do réxime franquista, a perpeturar un réxime político, unha tarefa antipática e chea de obstáculos. Neses primerios anos a imaxe de reservado e melancólico de Xoán Carlos era unha constante. Neses anos tivo que representar o papel de difícil equilibrio entre os que o consideraban un monicreque en mans do ditador e aqueloutros que vían nel un continuador das ideas liberais de seu pai, don Xoán de Borbón.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí