Especiais
4º sen ascensor
16/03/2000
Ficha técnica
- Dirección: Beatriz del Monte
- Produción: La Región Tv e Filmanova para TVG (Galicia, 2005)
- Realización: Toño López
- Reparto: Cristina Castaño, Xulio Abonjo, José Barato, Mónica Caamaño, Xoán Carlos Mejuto, César Goldi, Laura Ponte, Pepe Soto, Julia Gómez...
- Sinopse: 4º Sen Ascensor é unha serie producida por TVG, Filmanova e La Region no ano 2004. É unha comedia sobre as vivencias de tres mozos e unha moza duns vinte anos que comparten un piso de estudantes nunha cidade calquera. Os protagonistas son: Sebastián, un mozo nervioso e inocente que estuda medicina mentres traballa como probador de medicamentos experimentais; Lucía, súa curmá, é unha moza responsable,boa estudante e intelixente pero moi maniática e mandona e Fran, un vividor atractivo especializado en non dar pancada, aproveitarse dos demais e gañar cartos co póker. En fronte vive un matrimonio de corentóns: ela, eterna aspirante a artista plástica cunha obra desastrosa e el, un vendedor de seguros moi metódico. Os pais de Sebas visitan a cotío o seu fillo o que provoca verdadeiros tremores na vida dos estudantes.