CRTVG

Buscar

Corte a corte

ZigZag Diario: entrevista a Xosé Neira Vilas

30/09/2013

O espazo da tvG2 recibirá a visita no estudio de gravación dun dos grandes mestres da narrativa galega contemporánea: Xosé Neira Vilas. O escritor falará dun dos seus últimos libros, “Cancela aberta”, onde recolle un cento de artigos xa publicados en que deixa ver o seu lado máis reivindicativo; e da distinción de “Arraiano Maior” que lle concedeu a Asociación Arraianos en recoñecemento á súa traxectoria vital e literaria.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí