CRTVG

Buscar

Corte a corte

"Yo, el niño" con Laura Llauder e Leo de Aurora

02/10/2015

 

O programa cultural da tvG2 “ZigZag Diario” trae, como cada venres, as mellores propostas das artes escénicas para os espectadores. A primeira vén dada do director José Prieto, que estará no estudio de gravación para falar de “Presidente”, unha obra que está levando por diferentes teatros da nosa comunidade. Os actores Celso Parada, Merce Castro, César Goldi, Iolanda Muíños e Federico Pérez representan o presidente do Goberno e ao seu gabinete que, tras ver que as sondaxes non lle dan a vitoria nas vindeiras eleccións, intentan limpar a imaxe do candidato con diferentes medidas. 

 

A esta recomendación se suma a presentación do encontro “Mulleres Creando”, incluído dentro do Festival Internacional de Teatro de Ourense. Unha iniciativa que ten como obxectivo o intercambio de experiencias e tamén impulsar a paridade como o criterio cultural nas artes escénicas. A terceira suxestión do “ZigZag Diario” é a última función de “Sempre ao Lonxe” dos comediantes “Mofa e Befa” no Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo. A compañía deixa este espectáculo despois de varios anos levándoo por todo o país. 

 

E para rematar, o espazo tamén falará coa actriz galega Laura Llauder, que actualmente está na obra “Yo el niño”, que se estrea este sábado no Auditorio Municipal Mar de Vigo. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí