CRTVG

Buscar

Corte a corte

Xulio Xiz: "Xosé María Díaz Castro era ante todo un amigo"

15/05/2014

  Pilar García Rego entrevista a Xulio Xiz, amigo persoal do poeta de Guitiriz e responsable do documental “Xosé María Díaz Castro. Nimbos de poesía”, o máis antigo sobre o autor, que foi gravado en 1987 e remasterizado agora con motivo do Día das Letras Galegas.

  O filme ten o valor engadido de facerse da man do propio escritor, pois é el mesmo quen guía os espectadores polos lugares en que transcorreron a súa infancia e a súa mocidade, onde recita algúns dos seus textos máis significativos e comenta aspectos relevantes da súa traxectoria vital e literaria.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí