CRTVG

Buscar

Corte a corte

Xulio Lorenzo, Sés e Gelria, nas músicas de Marta Gómez

21/05/2017

Marta Gómez preséntanos o primeiro disco de Xulio Lorenzo, "Cantos da ialma"; comenta o novo vídeo musical de Sés para a  canción 'Dende o altar', incluída no seu cuarto álbum,“Opoñerse á extinción”. O vídeo está gravado no  Museo Galego da Marioneta, no Pazo de Liñares, na parroquia de Prado, en Lalín, con monicreques realizados por Viravolta Títeres. E tamén nos ofrece o novo sinxelo co que Gelria puxo música ao poema de Carlos Casares "Amemos". Un canto ás ganas de vivir, á beleza e ao paso do tempo. Un dos poucos poemas de Casares. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí