CRTVG

Buscar

Corte a corte

Teatro para o verán: a MIT de Ribadavia e a Mostra de Teatro cómico de Cangas

26/06/2015

  Zigzag ofrece un adianto sobre os principais certames teatrais que se celebrarán en Galicia durante este verán. Entre estes festivais está a MIT (Mostra Internacional de Teatro) de Ribadavia, un dos eventos máis importantes do circuíto teatral galego, que chega á súa trixésimo primeira edición. Do 18 ao 25 de xullo, desenvolverá un amplo programa de representacións baseado nesta ocasión na hibridación de linguaxes escénicas que se dá na creación contemporánea e na autoría dramática actual.

  Outra cita é a XXXII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, o máis antigo e un dos máis prestixiosos festivais que se celebran en Galicia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí