CRTVG

Buscar

Corte a corte

Os d´Abaixo, Os Peregrinos e De Vacas nas músicas de Marta Gómez

14/05/2017

Os d´Abaixo é un sexteto de música tradicional que se forma con músicos procedentes de bandas como Fía na roca ou Berrogüetto. Coñecéronse tocando nas foliadas que se organizan arredor da asociación cultural Gentalha do Pichel e decidiron embarcarse na gravación de "Quixera ser dos paxaros”, frase que vén dun das coplas que incorporaron. O disco supón un importante esforzo de investigación do máis descoñecido de cancioneiros como o de Castro Sampedro ou o da Biblioteca Nacional. 

"Os Peregrinos" é un novo dúo formado por dous músicos ben experimentados, Charlie Mysterio e Roger de Flor. O primeiro é un músico madrileño que militou nos Caramelos, grupo de culto que estivo en activo tres décadas chegando a publicar unha recompilación e con outras bandas como la Ruleta china, El Zurdo ou Clara Collantes. Pola súa banda, Roger De Flor, o trobador de Ferrol, sumou experiencia en formacións como Os Silvestres ou Bang 74.

Marta Gómez remata a súa selección musical co novo vídeo de De Vacas, 'A modiño'.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí