CRTVG

Buscar

Corte a corte

'Observadores observados', retratos de Roberto González, no Museo de Belas Artes da Coruña

13/06/2017

Zigzag visita a exposición 'Observadores observados', do artista Roberto González Fernández, no Museo de Belas Artes da Coruña. 36 retratos masculinos pertencentes á serie 'Dobremente vixiados (W-DV)'.

O artista distribuíu polas distintas salas as obras pintadas ao óleo en que cada modelo aparece coas mans cruzadas diante da cara e só se lles ven os ollos. Deste xeito, o autor quere chamar a atención sobre o control ao que estamos sometidos e sometemos as persoas que nos rodean, uns e outros case sen sabelo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí