CRTVG

Buscar

Corte a corte

O último de Terbutalina, Marem Ladson e Baiuca

04/06/2017

A sección de música de Marta Gómez estrea o novo vídeo musical de Terbutalina, o sinxelo de presentación do que vai ser o seu novo traballo, chamado “Sonido Esteiro”; segue con Marem Ladson, unha artista ourensá moi nova, que acaba de publicar o seu primeiro sinxelo e vídeo musical, “All my storms”, dirixido por Nico Pampín e rodado nunha contorna inigualable, a canteira de Cartelle e Os Peares; e remata co proxecto “Baiuca”, que intenta conxugar a música electrónica e a música tradicional galega e que acaba de subir hai uns días ás redes sociais a súa mixtape chamada “Faiado”.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí