CRTVG

Buscar

Corte a corte

O pintor Antón Lamazares presenta a exposición 'Flor Novoneyra'

06/06/2017

Pilar G. Rego entrevista un dos grandes da pintura galega contemporánea, Antón Lamazares, que presenta no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a exposición 'Flor Novoneyra', que o autor define como un diálogo, como un encontro entre a súa pintura e a poesía de Uxío Novoneyra, que el mesmo considera o seu “testamento pictórico”. A mostra está composta por un cento de obras realizadas nos dous últimos anos entre Berlín e Madrid, en que transcribe os versos do poeta do Courel empregando o seu coñecido Alfabeto Delfín, un código inspirado no abecedario occidental e que o pintor bautizou co nome do seu pai.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí