CRTVG

Buscar

Corte a corte

Mary Quintero, fotógrafa

17/11/2015

Pilar García Rego entrevista a Mary Quintero, a quen a a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega decidiu dedicarlle unha xornada para dar a coñecer o seu traballo. 

Tamén a editorial Xerais acaba de presentar o libro “Mary Quintero, retratista dende os 15 anos”. Unha obra que recolle os máis de sesenta anos da profesión da fotógrafa viguesa, con datos privados e técnicos, referencias a artigos xornalísticos e anécdotas. 

Quintero fixo a súa primeira exposición aos 15 anos e durante máis de seis décadas retratou a vida e os cambios da sociedade.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí