CRTVG

Buscar

Corte a corte

María Canosa publica 'Cando cae a luz'

13/02/2017

A escritora María Canosa visita o 'Zigzag Diario' para falar do seu libro 'Cando cae a luz', que acaba de publicar coa editorial Urco. Trátase de trece relatos curtos en que a autora se introduce na temática de terror, levándoa a situacións e escenarios cotiás. María Canosa sinala a influencia de Ánxel Fole neste libro, que chega despois de 'Rubicundo', co que foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil; 'O libro dos medos', ou 'Non é París'.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí