CRTVG

Buscar

Corte a corte

Manuel Núñez Singala parodia as contradicións humanas en "Instrucións para tomar café"

09/02/2015

O escritor Manuel Núñez Singala visita o programa para presentar o seu novo libro, “Instrucións para tomar café”, onde retrata, desde o humor e a parodia, o universo das contradicións humanas. Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades e sobre o que nos define como persoas e como galegos.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí