CRTVG

Buscar

Corte a corte

Manuel Bragado, director de Edicións Xerais

09/10/2016

O programa “ZigZag Diario” conta coa presenza no estudio de gravación do director de Xerais, Manuel Bragado, que fala do recompilatorio realizado pola editorial sobre Agustín Fernández Paz, unha das figuras máis destacadas da cultura galega contemporánea e artífice da posta en valor da literatura infantil e xuvenil na nosa lingua, que faleceu o pasado mes de xullo. Ademais, Xerais publica unha edición especial de “Cartas de inverno”, co que esta obra cumio de Fernández Paz, un dos libros máis vendidos da literatura galega moderna, alcanzará os 100.000 exemplares, todo un fito editorial.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí